Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

                                                   OS ATRANCOS,... TODOS PARA OS PEÓNS                                       Pax. 2

 Moitos dos atrancos que nos atopamos no noso camiñar polos espazos exclusivos para peóns, as beirarrúas, son debidos a un caótico e nefasto urbanismo, do que hai que responsabilizar única e exclusivamente aos gobernos municipais que son os que autorizan e permiten a cantidade de aberracións que atopamos nas nosas vilas. 

 Ao ver estas cousas un se pregunta se os concelleiros van ás comisións de urbanismo só por cobrar as dietas, pois non se entende que se autorice a construcción dun edificio que ocupa a vía pública coa entrada do garaxe ou cunhas inexplicables escaleiras no medio da beirarrúa. 

 Outra pregunta que nos facemos é se non hai técnicos municipais, aparelladores e arquitectos, que teñan a obriga de supervisar que un edificio se constrúa de acordo coa rasante da rúa. ¿Ou aquí cada un constrúe ao nivel que lle peta?

 

Unha entrada de garaxe para arriba,... e outra para abaixo.

E os peóns,... a saltar!

Isto tamén é na Pedra Alta (Cangas)

 

Entradas de garaxes e ocupación de beirarrúa por coches aparcados en batería.

Avda. de Marín (Cangas)

 

Moi útil esta rampa,... para os que van a esta tenda. Non para os que tropezamos con ela.

Avda. de Bueu   (Cangas)

 

Non está ao alcance de calquera subir ou baixar a unha beirarrúa con máis de 30 cm de desnivel con respecto á rúa.

Rúa Álvaro Guitián (Cangas)

 

E con semellante inclinación, mellor non subir se está mollado.

Rúa Álvaro Guitián (Cangas)

 

 

Tropezamos con un clásico. As escaleiras que ocupan a beirarrúa na Avda. de Bueu, na Pedra Alta (Cangas)

Aproveito que non ven ninguén de fronte.

 

Entrada de garaxe e ocupación de beirarrúa por coches aparcados en batería.. 

Avda. de Marín (Cangas)

 

¿Cal é a función deses ferros verdes que o concello coloca atrancando parte da beirarrúa? Seguro que non é a que están a cumprir.

Avda. de Bueu   (Cangas)

 

Coidado, non tropezar co escalón, e... ollo que por aquí parece que non podemos seguir.

Avda. de Vigo/Carreteira Nova (Cangas)

 

Baixada a garaxe que corta a beirarrúa.

Para seguir os peóns teñen que saír á carreteira.

Avda. de Vigo/Carreteira Nova (Cangas)

 

A beirarrúa adáptase aos diferentes niveis dos edificios "facilitando" así o camiñar dos peóns. ¿Quen da a rasante en Cangas?

Avda. de Vigo/Carreteira Nova (Cangas)

                            Podes aportar a túa opinión ou denunciar un atranco que non coñezamos. Se nos mandas unha foto, a colocaremos.

Texto

Para enviar fotos: