Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

 

 

 

 

 

 

 

 

Por segundo ano consecutivo, co gallo da celebración do Día Mundial da Terra, ADEGA-Compostela ven de outorgar os II Premios Ambientais Dioxina e Osíxeno ás Malas e Boas Prácticas Ambientais.

Dentro da liña de divulgación e denuncia que marca a actividade de ADEGA, estes premios queren ser unha ferramenta máis no traballo de defensa do noso medio ambiente, premiando as actividades que redunden no seu beneficio e sinalando aquelas que son prexudiciais.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:

1. Premios Osíxeno por actividades en defensa do medioambiente:

  • Mancomunidades de Montes de Arca-Cequeril pola súa defensa da xestión racional dos montes do noso país.

  • Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo pola súa labor a favor dunha política racional de transporte e mobilidade sostible fronte a proliferación de autovías e autopistas.

  • Comisión Pro Residuos Mínimos do Oural pola súa firme oposición á incineración de pneumáticos na cementeira de Sarria, enmarcada na ficticia teoría da "valorización" dos residuos.

  • Accésit a todas as persoas que veñen loitando en defensa dos ríos e contra os grandes encoros, cunha lembranza moi especial para Iñaki García, actualmente na cadea pola súa loita contra o encoro de Itoiz.

  • Accésit ao Gorgullo do Eucalipto pola súa contribución ao fomento da plantación de especies autóctonas nos nosos montes.

2. Premio Dióxina ás malas practicas ambientais:

  • Unión Fenosa, polo seu longo historial de actuacións (Encoros, liñas de alta tensión, parques eólicos) de enorme impacto ambiental, nos que amosou un total desprezo polo noso patrimonio natural, sen que redundara nunha mellora do subministro eléctrico (como demostran a multitude de cortes de fluído eléctrico acontecidos no último ano).

Os premios entregaranse no decurso dunha cea a celebrar o sábado 20 de Abril as 22:00 no Restaurante “O 16”  na Rúa de San Pedro en Compostela.