Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

 Pax. 1                                                  A CIDADE É PARA OS COCHES                                                    

  Outros atrancos veñen a causa de que cando andamos no coche crémonos con dereito a todo. Crémonos con dereito a ter un espacio para o noso coche diante do sitio a onde imos (a 50 m. non vale), e se non hai, cortaremos o paso dunha beirarrúa ou porémonos enriba dela se fai falla.

 A cuestión para a reflexión é: ¿Fállanos a cultura cívica?, ¿Deficiente educación vial?, ¿Necesitamos máis aparcamentos?, ... ¿Teremos que usar menos o coche?,...

 Claro que coa nula política de transporte colectivo dos nosos concellos, temos poucas alternativas.

 

Imaxe habitual.

Avda. de Bueu (Cangas)

 

Os mellores paseos do centro da vila, tamén son ocupados polos coches.

Avda. Montero Ríos (Cangas)

 

Pasarei?

Por onde?

Menos mal que hoxe non levo o carro da compra.

Pedra Alta (Cangas)

 

Uff! Pasei!

Isto é para poñerllo difícil aos grosos e aos que teñen o vicio de levar carriños á compra ou aos nenos sentados en cadeiras de rodas.

Pedra Alta (Cangas)

                            Podes aportar a túa opinión ou denunciar un atranco que non coñezamos. Se nos mandas unha foto, a colocaremos.

Texto

Para enviar fotos: