|
CAMIÑANDO
POLO MORRAZO: “O
CARBALLAL DE COIRO” Bruxas
voando ao redor do campanario da igrexa de Coiro, aquelarres nos
areais de Rodeira, Cangas invadida polos turcos, a batalla de Rande ...
¿Como empezar?... ¡Ah, xa está! Os achádegos do Paleolítico, Neolítico
etc... expostos no museo de Pontevedra, as ducias de mámoas e
petroglifos espallados por toda a comarca, ...... ou, mellor, comezar
falando dos numerosos castros: “Monte
da Croa”, “Rigueiriño”, “Castro de Aldán” de “Cividá”,
..... Non.
¡Non pode ser! Demasiadas
ringleiras necesitariamos para contar o pouco que sabemos de todo iso.
Centrémonos,
pois, no tema que nos trae aquí: os espacios de interese natural e ecolóxico
do Morrazo, sen esquecernos, por suposto, do noso rico patrimonio histórico
e cultural, do que iremos dando as necesarias pinceladas segundo o
roteiro proposto. Dado
que, por cuestion de espacio, enos imposible abordar tódolos lugares de
interese natural da comarca nun só artigo, plantexámonos abordalos por
etapas. Así, como o bo viño, irémolos paladeando detidamente, un por
un, en posibles novas ocasións. |
|
|
|
Os
amantes da natureza disfrutamos de lugares como a enseada de San Simón
e marismas de Vilaboa, cabo Udra, o espacio natural protexido de cabo
Home, costa da Soavela e dunar de Nerga-Barra, ... ESPACIOS
DE INTERESE NO MORRAZO E SITUACIÓN DA ROTA 1.-
Enseada de San Simón e marismas de Vilaboa. 2.-
Cabo Udra. 3.-
Costa de Soavela, cabo Home e dunar de Nerga-Barra. 4.- Carballal de Coiro. Hoxe
propoñemos unha rota que nos
levará a percorrer os máis fermosos lugares do Carballal e Fraga de
Coiro, un dos bosques que, coma reliquia do pasado, perdura no
corazón da península. Asemade
subiremos ás zonas altas, desde onde poderemos disfrutar de excelentes
vistas da comarca e das rías. |
| Dentro deste angustioso mar de eucaliptos que inunda os montes do Morrazo, o Carballal de Coiro é un arrecife de vida e cores; de beleza. Declarado Espacio Natural Protexido, conta cunha superficie aproximada de 365 Has. localizadas nos lindes dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña. A pesares das continuas agresións a que se ve sometido, (talas indiscriminadas de especies autóctonas e introducción de eucaliptos e piñeiros principalmente), merece a pena unha inmersión polas profundidades desta exquisita arboreda, unha sucesión ou mestura de bosques e árbores que se extende máis alá da zona inventariada como protexida. Falamos das carballeiras de Cela en Bueu, Pastoriza en Marín, as de Broullón ou o río da Fraga en Moaña. | |
|
A
ROTA DO CARBALLAL A
rota discorre por camiños sombríos e frescos na maior parte, con algúns
tramos algo dificultosos pola abundancia de maleza. Non hai sinalización, polo que deberemos seguir con atención
as indicacións dadas neste roteiro (ver o croquis na páxina seguinte).
Comezamos
o camiño no “Igrexario de Coiro” (1).
Igrexa barroca de 1784 situada nun outeiro dende o que se domina unha
ampla panorámica da ría de Vigo. As pezas máis importantes desta
igrexa son unha ara prerrománica e un chapitel visigótico con decoración
de follas en dúas ordes. Antigo cemiterio no adro e casa rectoral
anexa.
Sae o
camiño por detrás da igrexa. Subimos entre casas deixando unha fonte
con lavadeiro, á dereita, e máis adiante, un camiño que sae pola
esquerda, cara unhas casas (2). Seguimos
de fronte, polo camiño que sube, e chegamos a un depósito de auga (3).
Deixámolo á dereita, e nada máis superalo, apartámonos do camiño
que sube para coller un carreiro que sae pola esquerda. Por el nos
adentramos na fraga pasando por diversas instalacións de captación de
augas, algunhas moi antigas. Este
vai ser o noso primeiro contacto coa fraga. Aquí descubriremos as carballeiras
onde a árbore dominante é o carballo (Quercus
robur). Acompañan a esta, árbores autóctonas como o castiñeiro e
a cerdeira, e outras aloctonas, nesta mancha en concreto abonda a falsa
acacia (Robinia pseudoacacia). |
![]() |
||||||||||
|
Loureiros, sanguiños, estripeiros, … son algúns dos arbustos que forman parte do sotobosque, sen esquecernos da xilbarbeira (Ruscus aculeatus) especie que forma a asociación vexetal que define científicamente as nosas carballeiras co nome de Rusco aculeati-Quercetum roboris. Baixo
esta cuberta vexetal viven distintas especies de flora e fauna que
nutren de vida estes bosques. Paxariños coma os pimpíns, ferreiriños,
gabeadores; aves de rapina diurnas coma o azor, gabián, miñato;
nocturnas como a avelaiona ou o moucho de orellas, a curuxa, son algúns
dos representantes da avifauna. Entre
os mamíferos citamos a presencia do raposo, xabarín, teixugo, xeneta,
esquío, … ademáis da comunidade de roedores e micromamíferos como
os musgaños. Pasado
o río (4), o camiño afea e baixa. Observamos a notable diferencia que
existe entre o bosque autóctono que deixamos atrás, e este monte
inzado de eucaliptos. Seguimos as marcas de rodas de tractor ata divisar
diante do camiño un grupo de casas, “Carballal”. Cen metros antes
de chegar ás primeiras (5),
tomamos un camiño que sube pola dereita. Sae en ángulo contrario, non
se ve facilmente. (Se o pasaramos, poderemos subir entre as casas:
baixar pista asfaltada. Na casa nº 8, carreiro á dereita. Na casa nº
34, subir á dereita. Saír por carreiro angosto entre viñedos.) |
|||||||||||
|
A
20 m. do final do camiño, atopamos unha fonte con estanque, no medio
dunha área de repouso, "Os Lagos". Despois de refrescarnos e
recuperar forzas, voltamos ao camiño. Poñéndonos fronte ao caño da
fonte, imos polo que sae cara á dereita, que seguiremos sen coller ningún
desvío de baixada. De
aí a pouco pasamos por "A Coviña" (7). Fonte, estanque, repoboación de bosque autóctono. Todas estas
intervencións que atopamos, como as zonas recuperadas ou repoboadas con
especies autóctonas por onde iremos pasando, débense á constante e
loable labor de moitos anos xa, da
Xunta de Montes dos Veciños de Coiro. Continuamos
polo mesmo camiño, despois de cargar as cantimploras, pois agárdanos
unha longa subida. |
![]() |
||||||||||
| Só temos que poñer atención nunha curva pechada á esquerda (8), onde quizais as pernas nos queiran levar polo camiño horizontal que temos ao fronte. Seguimos subindo pola pista ata chegar a outra máis ancha. Aí tomamos á dereita. | |||||||||||
![]() |
O
son do río anúncianos a presencia das “Fervenzas do Río Bouzós”.
Neste punto collemos río arriba para facer a R.C,
e a R.B. Continuamos a pista,
para facer a R.A. En calquera
caso, é obrigado disfrutar da maravilla que a natureza nos ofrece neste
lugar, ata uns cen metros río arriba. Observamos aquí cambios na vexetación. A beira do río ocúpanna principalmente amieiros e salgueiros. Miramos tamén bidueiros, algún que outro freixo e varias especies de fentos e outras plantas como o couselo (Umbilicus pendulinus). Estas e outras especies forman o chamado bosque de ribeira, que asociado aos cursos de auga e lugares encharcados está formado por unha flora e fauna que precisa da humidade para o seu desenrolo. Entre a fauna cabe subliñar a presencia da saramaganta (Chioglossa lusitanica), endemismo do noroeste ibérico ou a toupa de río (Galemys pyrenaicus) outro endemismo de dificil observación. Subimos
pola esquerda do río (10).
Nunhas árbores caídas, cruzamos á dereita. Nalgún tramo, camiño e río
comparten percorrido. Ao atopar de fronte un grande amieiro de tres
troncos, cruzamos á esquerda e subimos, deixando xa o río. Seguimos
este camiño que deixa veigas á dereita e monte á esquerda. Estamos na
chan de “Esperón”. |
||||||||||
|
Chegamos
a un cruce de camiños (11).
Pola dereita, R.B: seguimos sen desvíos ata Área de Repouso "Pouso das
Cruces". Pola esquerda, R.C: subida a Ermelo. Subimos sen desviarnos, disfrutando deste tramo de camiño, profundo, sombrío, unha das poucas reliquias que foron respetadas polas excavadoras onde podemos imaxinar, ¿quizais escoitar?, os vellos carros de bois laiándose da súa pesada carga. Chegamos á pista asfaltada. Nas primeiras casas, temos o camiño que baixa á dereita, á fonte (12). Percorremos a aldea de “Ermelo”. Un vello núcleo rural que segue a manter todo o encanto de tempos xa pasados. |
![]() |
||||||||||
|
O
primeiro asentamento de vida monacal na Península do Morrazo aparece
vinculado xa no século VI ó priorato de Ermelo, de fundación
benedictina. Aquí morou na primeira metade do século XVIII o frade
Martín Pelagio, do que se contaba que acudía ás xuntanzas das meigas
cando a campá da igrexa de Coiro soaba soa os sábados ás doce da
noite. Foi condeado pola Inquisición «después de ser juzgado por el
delito de brujería y manifiestas prácticas hechiceras». Como
resto do antigo mosteiro, queda algún muro da casa prioral e unha
igrexa á advocación de Santiago Apóstol, emprazada, posiblemente, no
lugar dun vello templo románico do que só quedan vestixios da porta e
arcos semicirculares. Sufriu restauración total de muros e cuberta. Os
muros e bóvedas son do século XIX. Chapiteis de tipo barroco do século
XVIII. Non
deixamos “Ermelo” sen disfrutar da vista do “Miradoiro da
Esculca”. A pequena subida que aínda queda, ben vale a pena. Nun día
claro, quedamos abraiados ante a vista, que abarca dende o cabo Silleiro
ata o cabo Finisterre. Para
seguir a rota voltamos á fonte (12).
Dende aí, a 200 m. pola pista asfaltada e pasada unha curva, tomamos
camiño á dereita. Non é fácil explicar o camino por aquí. Hai
varios cruces e algúns camiños anegados de auga. Hai que ir subindo e
gañando a dereita. Podemos seguir marcas de bicicletas. De calquera
xeito, anque sexa cun pequeño rodeo, chegamos sen dificultade a unha
chan, no alto, sen arborado. Buscamos unha antena cara ao sur. Ao lado
unha cruz de madeira. Estamos
no “Miradoiro da Cruz do Xestoso” (13)
dende onde contemplamos a ampla panorámica do val de Moaña e da Ría
de Vigo, coas fermosas illas Cíes na súa boca. Logo podemos choutar
polos enormes penedos de todo este lexendario monte “Paralaia”.
Segundo unha das moitas lendas, hai aquí tres pedras iguais que di a
tradición que corresponden a tres princesas mouras encantadas. O que se
sinta valente pode desencantalas se vai ás doce da noite de San Xoán,
…¡e non se asusta de nada do que mire! Dende aquí comezamos a baixada, por ancha pista, e de seguida chegamos ao "Pouso das Cruces" (14). Área de repouso na que conflúen a R.B e a R.C. Segue o camiño baixando pola pista ata chegar a unha explanada con fonte e estanque (15) onde conflúen varios camiños. Collemos pola pista da dereita e non tardamos en ver, algo apartado á dereita do camiño, un grande e redondo penedo: a "Pena de Coiro". É
este outro dos lugares
ricos en lendas. Algunhas falan de xuntanzas de bruxas que na noite de
San Xoán danzan arredor da peneda ou de luces que se ven na Noiteboa.
Outra di que as rochas deste lugar abríanse e aparecía unha virxe
peiteándose e cantando. Toda persoa que a escoitaba dirixíase
enfeitizada cara a fenda. Quen lograba adentrarse, endexamáis voltaba.
¡Vaia con ollo o camiñante! |
|||||||||||
|
Chegamos
a outro cruce de tres pistas (16).
Aquí conflúen a R.A e a R.C.
Seguindo a pista que baixa, chegamos á “Área de Espiñeiro”. Fonte,
mesas, repoboación de bosque autóctono. A
baixada para o Igrexario de Coiro, quedou un pouquiño atrás. Na curva
anterior a Espiñeiro (17),
nun claro, sae o carreiro de baixada. Por este e máis abaixo, atopamos
un desvío á esquerda que non tomamos. Chegamos ao depósito xa coñecido
(3) e desandamos o camiño inicial ata o Igrexario. Descansamos e comentamos satisfeitos, os avatares da longa camiñada, mentras disfrutamos da vista que ata o mar nos ofrece o fermoso val de Coiro. |
|
||||||||||
|
DESCRICIÓN
XERAL DA ROTA Dificultade
media. Cartografía
de apoio: Mapa Topográfico, 1:25.000, folla 223-I: Cangas Alternativas: A
rota completa (R.C), é
circular con comezo e remate no Igrexario de Coiro. Compre dispoñer do día
enteiro. Hai variantes para facer en medio día (R.B
/ R.A). Temos outras rotas posibles se partimos de Ermelo.
Consellos: Levar
calzado para auga e pantalón longo. (Mato espiñento) Non perder de vista ningún membro do grupo. Pódese perder. Non
debemos alterar o silencio do bosque, as plantas e animais, os cultivos,
... , e se podemos deixalo todo algo máis limpo do que estaba, mellor
para todos. |
|||||||||||
|
Deseño
da rota: “O Carballal” Textos:
Juan A. Tomé (Grupo
“Luita Verde”) Luís
Mª Pérez (Asoc. “O
Carballal”) Fotos: David Midleton |
Abrir
roteiro en pdf |
||||||||||