Meteoclimatic

 


 

Datos actuais

Max/Min Mes/Ano

Histórico de datos

Meses anteriores

Efemérides

Resumo climatolóxico

Características da estación

Observación

Predición

Prensa

Álbum

Contacto

---------------------------

Colaborador de:

Meteoclimatic

EVOLUCIÓN DAS PRINCIPAIS VARIABLES METEOROLÓXICAS NAS ÚLTIMAS 24 HORAS

SUMARIO NOAA MES ACTUAL                                                   SUMARIO NOAA ANO ACTUAL

 

 

WEBCAM

 

 

------

Para ver imaxe en vivo, preme na seguinte ligazón: WEBCAM

...................................................................................

 

Predición marítima

para a costa Atlántica

O PRIMEIRO TEMPORAL DO OUTONO 2011

Cumprindo as predicións de días pasados, o domingo 23 de outubro chegounos a primeira borrasca do outono. A presión atmosférica tivo unha baixada ordenada e regular de 17 mb en 24 horas. Ás tres da madrugada do 24, empezou a subir.

O vento arreciou entre as 12 e as 18,30 h., sen baixar, practicamente, dos 50 Km/h, e chegando aos 74 Km/h, ás 16,30 h.

A choiva foi significativa  a partir das 14,30 h., chegando a arreciar sobre as 18,30 h., acadando unha intensidade de 174,6 litros por hora. En total, entre as 12 h. e as 6 h. do día 24, recolléronse 44 l/m2.

...................................................................................

UN MES DE OUTUBRO CALOROSO

Este mes de Outubro de 2011 si que vai batendo records.

Polo momento, primeira quincena do mes, e xa temos record de temperatura máxima e de seguir así, non se albiscan cambios a curto prazo, bateremos outros tamén.

Estamos falando, claro está, sobre datos recollidos na Estación Meteorolóxica de Cangas no período dos últimos 25 anos. Podemos resumilo nunha táboa:     

TEMPERATURAS OUTUBRO
 CANGAS HISTÓRICO 2011
Máxima Absoluta 30º 32,8º
Media das Máximas 20,6º 26,7º
Media 16º 21,1º
Media das Mínimas 11,5º 16,9º
Mínima Absoluta 3,5º 13,3º

E das precipitacións xa falaremos, porque a data de hoxe, o mes históricamente máis chuvioso do ano, cunha media de 195,3 l/m2, leva nesta estación un rexistro de 0,0 l/m2

MeteoCangas, 14 de outubro de 2011

...................................................................................

UN MES DE SETEMBRO SECO

O pasado xoves, 29 de setembro, publicaba o Faro de Vigo un artigo co seguinte titular: "El septiembre más seco en 40 años". Se o que se busca é chamar a atención, sensacionalismo, vale, pero a afirmación é falsa e os datos que aporta no artigo, confusos: unha erronea interpretación do que son valores medios.

Na estación de Cangas recollemos datos dende fai 25 anos, e o setembro deste ano non foi o máis seco. Vexamos en que lugar está:


1º.- 1989 con 5,2 l/m2
2º.- 1988 con 11 l/m2
3º.- 1997 con 12 l/m2
4º.- 2007 con 12 l/m2
5º.- 2011 con 16,8 l/m2


Hai tres anos máis con menos de 20 l/m2.
Outra cousa é a precipitación media, que no mes de Setembro en Cangas é de 69,4 l/m2. Isto quere dicir que é un mes irregular en precipitacións. Así como a terceira parte dos anos non chegou aos 20 l/m2, outra terceira parte dos anos pasou dos 90 l/m2.

Resumindo: o mes de setembro pasado non foi excepcional.
 
O ano actual está sendo, polo momento, máis seco que a media. Levamos recollidos 531 l/m2 cando os datos medios ata esta data, serían de 703 l/m2. Veremos como veñen os seguintes meses, que soen ser os máis chuviosos do ano, para ver en que queda.
O ano que menos choveu foron 740 l/m2. Se non chegaramos a esa cantidade, si que teriamos o ano máis seco dos últimos 25.
Pero quedan tres meses que ningún ten unha media de menos de 150 l/m2.

Que chova!

...................................................................................

METEOROLOXÍA POPULAR

Mes de Abril

  Marzo airoso, abril chuvioso, maio pardo e san Xoán claro

valen máis que os bois e o carro.

 ---------------------------------------

Marzo venteiro e abril chuvasqueiro,

enchen en maio de frores o eido.

 ----------------

Xaneiro, xiadeiro; febreiro, febreiceiro;

marzo, aireoso; abril, augas mil e

maio, pardo e san Xuán, claro,

valen boi e carro.

-----------------------

A lama de agosto e o vento de abril, Dios nos libre dil.

 

Abril, abrileiro, auga na cara e no leiro.

 

Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón.

 

Abril fai meter a porca no cubil.

 

Abril frío e mollado enche o arquiro e mantén o gado.

 

Abril frío, fornos quentes, alegría prós meus dentes.

 

Abril frío, moito pan e pouco viño.

 

Abril, mata a porca no cubil e non deixa as portas abrir.

 

Abril, penduril; maio, en graio; en San Xuán, ségase o pan.

 

Abril quente e mollado, carga o carro i engorda o gado.

 

Abril, se por mal quere vir, as portas non deixa abrir.

 

Abril, si por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.

 

Abriles e señores, os máis traidores.

 

Adoecido abril, cando non does nas costas does nos cadrís.

  

Auga de abril enche o carro i o carril.

 

Auga de abril mata a porca no cubil i a auga de maio mata a porca nun ano.

 

Auga de abril vale cabalos mil.

 

Chova en abril e maio e non chova en todo o ano.

 

 Despois de abril a auga *solo vén detrás do tamboril.

  

En abril augas mil, caben todas nun candil.

 

En abril augas mil, pero todas han caber por un funil.

 

En abril chuvias ir e chuvias vir.

 

No mes de abril fai queixos mil.

 

(Fonte: Taboada Chivite, X. Refraneiro Galego. Xunta de Galicia, 2000)

 

 

 

Tiempo en Cangas