Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

  O MORRAZO:  PATRIMONIO  CULTURAL 
     O Morrazo é unha comarca singular polas súas características poboacionais, cunha elevada densidade (514 hab/Km2) e grande dispersión, así como pola salientable riqueza cultural e natural.  Na vertente sur da península, atópanse numerosos xacementos arqueolóxicos, moitos deles declarados Bens de Interese Cultural (B.I.C.), espallados entre os numerosos núcleos de poboación e os espacios naturais dos seus montes e as súas costas. Dende O Regueiriño ata O Facho sucédense importantes castros, mámoas e petroglifos. Tamén, elementos de recoñecido valor artístico, como a Igrexa de San Martiño, ou etnográfico, como as cordelerías, lavadeiros, fontes ou a grande cantidade e variedade de muiños que aproveitaban as augas dos ríos Miñouva, Freixa en Domaio, da Fraga en Meira, ou Bouzós en Coiro. Todo elo compón a identidade cultural e histórica da comarca que temos a obriga de protexer e conservar como legado para as vindeiras xeracións. 
 

Castro e Conxunto Rupestre de Montealegre

Xacemento arqueolóxico catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) GA36029024  

Situado pola estrada C-550 de Cangas a Vilaboa no KM 13,250 coordenadas 8º 40' 10'' de lonxitude O e 42º 17' 40'' de latitude N, sen acadar a cota dos 100m.   Polo lado SO, está protexido por un muro que xuntamente cos desniveis do O e N, fan do Castro un lugar verdadeiramente estratéxico. As provisións de auga estaban aseguradas por un regato que pasa ao pé do castro polo S, convertindo a Montealegre nun lugar exemplar para vivir dende os tiempos máis remotos. 

Montealegre foi excavado por Anton Losada Diéguez en dúas campañas (1925-1926), descubríndose varias casas redondas e ovaladas, e una especie de fogar rectangular de paredes moi longas. Cara o alto apareceron petroglifos. 

 En Montealegre  dase material abundante, moedas, fíbulas, etc., que proban suficientemente a súa romanización. Tódolos expertos coinciden na formación deste castro no período prerromano, por mor dos seus instrumentos neolíticos, caracteres da cultura megalítica do Noroeste. 

 
 
 

CONXUNTO RUPESTRE DE "BORNA"

Xacemento arqueolóxico catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) GA-36029005

Na metade da aba do monte situado sobre a praia da Borna, na parroquia de Meira, concello de Moaña, nunha rocha granítica de 12x24 m aprecianse insculturas de figuras romanas esquemáticas, en grupo ou illadas e todas mirando ao conxunto xeral das embarcacións que se atopan na banda inferior da rocha. Hai tamén aredor de 30 sinais cruciformes (tamén consideradas figuras humanas), dentro e fóra das embarcacións.  

O tema principal do grabado son as embarcacións. O perfil de 8 delas está trazado nun arco cóncavo máis ou menos regular, cos seus extremos curvados cara o exterior nun colo de "cisne". 
 
Na maior do petroglifo, de fondo recto e sobre a cal xira toda a representación, de cada un dos extremos sae un trazo curvado ao interior, o maior dos dous remata en forma de cabeza de animal poidendo representar o peteiro dun paxaro, un dragón ou calquer outro animal característico das proas das embarcacións escandinavas. A popa remata tamén en forma similar, coa intención no trazo dunha especie de mástro ou bandeirola. Ambos extremos da embarcación son elevados, característica dunha embarcación axeitada para a navegación oceánica.  
Hai certa similitude no petroglifo de Mane Lud, Morbinan, Bretaña no que as embarcacións de fondo plano son máis importantes cas de fondo curvo polo que se pensa que as de fondo plano foron utilizadas para a navegación oceánica e as de fondo curvo para a pesca.  
En total, no conxunto do grabado temos na pedra occidental 49 esquematizacións humanas e na oriental 45.

 

 

 

 

 

 TORRE DE MEIRA

Xacemento Arqueolóxico catalogado BIC (Ben de Interese Cultural)      GA-36029029
Ubicada a 140 m de altitude, 8º 43' 13'' de lonxitude y 42º 18' 11'' de latitude, na actualidade só permanece a cimentación, xa alterada por excavacións e demolicións furtivas. O material atopado (cerámico, metálico e osos ) encóntrase no museo de Pontevedra.

Excavouse en 1976  determinándose composta por un recinto principal de forte sistema constructivo, torre casi cadrada de 5,9 x 7 con paredes de 1,18 m. de espesor , e un patio de armas , protexidos por unha muralla que bordea o cumio do outeiro, e unha segunda muralla paralela á primeira, a 7,25 m.

 

Reconstrucción hipotética

PETROGLIFO DE TORRE DE MEIRA

Xacemento arqueolóxico catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) GA-36029008
Afloramento granítico de grao medio, inmediato á torre medieval situado a 130 m de altitude, 8º 43' 11'' de lonxitude e 42º 18' 00'' de latitude, na parroquia de Meira, concello de Moaña. A rocha principal é ampla (10x9) e conten trazos rectilíneos, cruciformes simples, cruciformes con peanas e tres motivos de representación da custodia. Ao noroeste noutra rocha do mesmo afloramento atópase un motivo illado. 
 

 

MONTE DO CASTRO 
Xacemento arqueolóxico catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural)  GA-36029022   

Castro situado na parroquia de San Martiño, concello de Moaña. Ten unha estructura circular concéntrica con coroa de dimensións pequenas (25x26) e ampla terraza que a rodea. Na parte Sur avanza unha segunda terraza ampla que xira cara o Este. Enlaza con terraplén e foxo que corre de Norte a Este. Presenta aterrazamentos e muros de contención na parte Sur e amesetamento no Oeste para viñedos 

O seu entorno formanno monte en repoboación e a casa rectoral. 

Hai importantes alteracións por extracción de pedra e aterramentos nos muros da rectoral. 

 

 
  

MUÍÑOS 

Dada a gran dependencia da agricultura da poboación do Morrazo, e aproveitando a gran cantidade de ríos e regatos que existen na comarca, atopamos en toda ela un dos elementos máis característicos da arquitectura do auga, O MUIÑO, empregado fundamentalmente para moer o millo, ainda que se empregaba tamén, en menor medida, para moer trigo e centeo.    O Morrazo conta cunha grande cantidade de muíños que forman unha ampla e rica mostra do Patrimonio Etnográfico da Comarca. A pesares de que a meirande parte deles están en mal estado de conservación motivado polo cambio de actividade e costumes dos habitantes do Morrazo, algúns seguen a funcionar e a maior parte deles poderíanse recuperar cunha mínima inversión.     Toda esta situación, xa de por sí grave, veríase deteriorada de forma irreversible si se leva a cabo o proxecto da Vía Rápida do Morrazo proposto pola Xunta de Galicia, que incide directamente (destruíndo muíños) ou indirectamente (afectando ao seu entorno), sendo no Concello de Moaña as seguintes afeccións:  

  •  Domaio:Rio da Freixa e Miñouva 36 muiños deles dous funcionan na actualidade (16 afectados). 
  • Meira: Río dos Ladróns e de Meira 31 muiños. Funcionan dous  (17 afectados).
  • Paradela, Marrua e O Redondo:  Río do Inferno  e de Sanchelán  26 muiños. Funcionan 6  (12 afectados). 
   

Ver máis sobre: RELACIÓN DE XACEMENTOS - XACEMENTOS - PETROGLIFOS - MUÍÑOS

Máis información sobre o Patrimonio Histórico

   Fondo sonoro: "Muiñeira do Morrazo"