Isto diciamos:
IMPACTOS PREVISIBLES NOS RÍOS DO MORRAZO.-
A maior parte dos ríos afectados son pequenos regos que recollen augas
de pequenas cuncas, polo que o seu caudal é reducido, salvo días de
fortes chuvias, feito polo que en moitos casos transcorren no seu curso
baixo, canalizados ou entubados, de tal xeito que non están capacitados
para acoller calquera achega de augas que se provocara por instalación
de infraestructuras que tiveran incidencia no réxime hidrolóxico da
zona.
A modo de exemplo citaremos o caso do río Bouzós que desemboca en
pleno casco urbano de Cangas, discorrendo os seus últimos 300 metros por
tubos de 50 cm de diámetro, baixo o pavimento dunha rúa.
Coas máis fortes chuvias, tal como sucedeu o último inverno, acada o seu
máximo caudal, que se calcula en 13.500 litros por minuto, desbordándose
polas veigas ribeiregas. Segundo os cálculos que se acompañan neste
informe, dito río tería que recoller un suplemento de 5.000 litros por
minuto, un 40 % máis, que non serían asumibles na actual canalización,
polo que é fácil prever o seu desbordamento e asolagamento de amplas
zonas densamente urbanizadas, nos barrios de O Señal, Longán,
Reboredo ou Romarigo.
O denunciamos
aquí, e
aquí, e
aquí, e
aquí, e....
Ver máis fotos do
asolagamento