Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

 
¿É realmente a vía rápida unha solución para as comunicacións da comarca?   

Estamos convencidos de que non.  Non representa ningunha ventaxa para a comunicación entre as vilas da comarca. Non soluciona os atascos do verán, só os traslada a outros puntos, ás saídas, ás estradas locais, ao peaxe da autoestrada.  Aínda máis, os atascos agravaríanse. Só temos que ver para outros lugares onde antes que aquí tiveron xa problemas, e máis graves. En Inglaterra, unha Comisión Real presidida polo prestixioso científico e conselleiro gubernamental, Sir Jhon Houghton, chegou a constatar que a construcción de estradas por sí mesma produce tráfico, e propuxo a paralización de tódolos programas de construcción de estradas e o desvío do diñeiro, á mellora e financiamento do transporte público. O informe do Worldwatch Institut de Washington sobre A situación no mundo (1994), afirma que, a máis e mellores estradas, máis tráfico, polo que a medio prazo as melloras en estradas autoanúlanse e precisan de novos investimentos nelas. Aproveitemos pois a experiencia, e non vaiamos caer no mesmo erro.

  


  ¿Cal é a solución ao problema do transporte?   

Se analizamos a situación actual poderemos ver onde reside o problema. 

Hai demasiados vehículos na estrada e hai que estudiar a causa que provoca a necesidade de desprazarse cada vez máis

Se todas e todos os que traballan en Vigo se desprazaran ao seu traballo no seu coche privado, ou decidiramos facer todas as compras nos hipermercados da cidade, aparte de arruinar ao pequeno comercio da comarca, atopariamonos con enormes problemas para movernos, por estas estradas ou polas mellores autoestradas.  Semellante sería a situación que se produciría se nun estupendo día de verán, decidimos todos coller os nosos coches para ir ás mellores praias da comarca. O colapso sería descomunal en calquera tipo de estrada.  Estas situacións que hoxe nos parecen esaxeradas, poida que non o foran tanto a curto prazo, se non se fai nada para correxir a actual tendencia.  A solución está en reducir a necesidade de desprazarse. Se cada un que se ten que desprazar á cidade analiza a causa de ter que facelo, observará unha deficiencia da nosa comarca. O progreso da comarca non é conseguir entrar e saír mellor. O progreso é non ter necesidade de saír, reducir a nosa dependencia das cidades próximas. Somos máis de 60.000 cidadáns e cidadanas que merecemos mellores servicios.  Por outra parte, é necesario potenciar o transporte público para reducir a dependencia do vehículo privado. Se houbera un transporte cómodo, rápido e económico, moita xente que se ten que desprazar á cidade a diario, non dubidaría en utilizalo, pois aforraría molestias, tempo e cartos.  Adoptar estas medidas, debera ser o obxectivo dunha política que mirara cara ao futuro: reducir a necesidade de desprazarse, non a posibilidade, e orientar a demanda cara a modos máis eficientes de transporte que significaría menor consumo de enerxía, de contaminación, de ruído, menor ocupación de espacio, menos accidentes, menor inversión en infraestructura viaria e mellor habitabilidade nas vilas.  Pero a política actual vai noutra dirección, a pesar de coñecer os informes do Worldwatch Institut, onde avisa que pretender xeneralizar o modelo americano e da Europa rica, conduciría a unha crise ambiental e de recursos de proporcións inimaxinables que faría a vida imposible.  A política actual dos ministerios e consellerías do sector, só responde a intereses das multinacionais do automobil e das empresas constructoras de infraestructura viaria, e por iso fanse enormes inversións públicas en obras ao servicio do automobil, mentras se abandona o transporte público ou se suben as tarifas porque se di que produce déficit, sen ter en conta que este queda amplamente compensado polas ventaxas que produce en aforro enerxético, de ruído, de contaminación, de infraestructuras e de conxestión viaria. 

É irresponsable toda proposta que fomente o uso do transporte individual, pois a curto ou medio prazo a situación pódese volver irresoluble.  

 A ría é a comunicación máis curta, máis económica e de menor impacto entre Vigo e O Morrazo, e non entendemos que mentras se fala de revitalizar o transporte público marítimo, se potencie o uso do coche privado como único medio de transporte. Apostar polo transporte marítimo, suporía reducir o número de coches da estrada, co que se faría innecesaria a construcción dunha nova.  

Sendo conscientes de que nin hoxe nin nos próximos anos albíscase posibilidade de cambio na política de transportes, e que polo tanto non imos conseguir unha solución de futuro e de progreso, temos que tratar por tódolos medios de non hipotecar ese futuro, ese progreso, cunha obra ruinosa, cara e inútil. A vía rápida non é solución nin para hoxe nin para mañán. 

Pódese mellorar o tráfico, abrindo as circunvalacións das vilas e mellorando a estrada actual dotándoa de carril para vehículos lentos e realizando melloras nos cruces que permitan máis fluidez de tráfico. Estas actuacións non causarían graves danos e serían de utilidade para tódolos usuarios da comarca. 

  


   PROPOSTA ALTERNATIVA  PARA A MELLORA DAS COMUNICACIÓNS DO MORRAZO

 

1.      MELLORA DA REDE VIARIA COMARCAL.

2.      CIRCUNVALACIÓNS URBANAS.

3.      REDUCCIÓN DA NECESIDADE DE DESPRAZARSE.

4.      POTENCIACIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO COLECTIVO.

 

Pódese evitar a dañina e inútil construcción da vía rápida recurrindo a outras solucións,  tal como aconsellan todas as directrices de futuro en materia de comunicacións:

1.      Mellora da rede viaria comarcal.

A estrada da costa, C-550, atópase nun estado lamentable a causa do neglixente e irresponsable abandono en que se deixou caer.

Lonxe de acometer actuacións de mellora que resolvan os problemas, adóptanse medidas absurdas que complican a circulación ata o punto de converter o seu percorrido nunha aventura de alto risco. Mesmo parece que ese fóra o obxectivo perseguido.

As estradas secundarias son estreitas e mal conservadas, carecen de beiravías ou beirarrúas polo que fan  difícil a circulación de vehículos e perigoso o transito de peóns e ciclistas.

A ausencia de circunvalacións dificulta o tránsito de vehículos e o movemento dos cidadáns a pé ou en bicicleta. Impide tamén a expansión ordenada e racional das vilas.

 

MELLORAS NECESARIAS:

 a)      Terceiro carril.

En 8 dos 14 Km que hai entre Cangas e a Ponte de Rande, é posible anchear a C-550. Admitiría carril para vehículos lentos, carrís de desvío e incorporación, e beiravía para peóns e bicicletas.

b)      Paradas de autobús fóra da calzada.

Entre Cangas e Ponte de Rande hai unhas 15 paradas en cada sentido, que supoñen outras tantas retencións para o tráfico, por ter que deterse os autobuses en plena calzada.

c)      Rotondas.

Substitúen ós semáforos e melloran a fluidez do tráfico. Solucionarían cruces como os de Domaio-Cemiterio, A Borna, A Guía, ...

d)      Semáforos intelixentes.

Detectan por sensores a presencia de vehículos e actúan só cando é preciso. Melloran a fluidez da vía primaria sen perxudicar os accesos dende vías secundarias.

e)      Pasos elevados ou subterráneos para peóns.

Melloran a fluidez do tráfico e a seguridade das persoas.

f)       Mellora das estradas secundarias.

Portal do Cego - Ameixoada - Coiro

Coiro - A Madalena

A Madalena - Herbello - Rozabales … … … … … … ...

Estradas con menos de 5 metros de ancho que se deben adecuar para mellorar a comunicación do rural e desconxestionar a C-550.

 g)      Circunvalación de núcleos rurais

Abelendo, Ameixoada, …

Núcleos de poboación que se deben circunvalar dada a imposibilidade de ampliar a estrada neses tramos. Ó mesmo tempo, mellorarían as condicións de vida e a comunicación entre a veciñanza, gañando espacio para a convivencia, e seguridade para os seus habitantes.

 

2.        Circunvalacións urbanas.

Cangas e Moaña téñenas aprobadas nos seus planeamentos, e sería posible realizar  estudios serios da viabilidade das actuais ou propoñer outros trazados.

Suporían 5 Km de novo trazado que evitarían o paso polos centros urbanos, humanizando a vida das vilas e mellorando a fluidez do tráfico.

3.        Reducción da necesidade de desprazarse dotando á comarca dos servicios e equipamentos axeitados para unha poboación de 60.000 habitantes, que por non telos, obrígannos a perder tempo na estrada para chegar a eles. (Hospital, delegacións administrativas, instalacións deportivas, de ocio, etc.)  

4.        Potenciación do transporte público colectivo, especialmente o marítimo como opción de futuro fronte ó problema do tráfico. Son posibles novas liñas marítimas entre diferentes puntos: Nerga, Meira, Domaio, Ríos, Teis, Bouzas, ..., liñas directas ás praias no verán, e liñas de autobuses coodinadas que faciliten o transporte público integral dende calquera lugar.

 Subvención oficial que permita os bonos-desconto de utilización en distintas liñas e diversos medios.

 

¿Por que non se comeza por estas actuacións, que serán necesarias con ou sen vía rápida?

Teriamos unha comarca con modernas vías e medios de comunicación, preparada para situacións futuras que xa vemos perto, e sobre todo, cunha calidade de vida á altura dos tempos que vivimos e que tamén merecemos.

 

AS PROPOSTAS ALTERNATIVAS DA PLATAFORMA ESTÁN NA LIÑA DAS DIRECTIVAS EUROPEAS E DOCUMENTOS POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, ASINADOS POR TÓDOLOS PAÍSES DEMOCRÁTICOS.

Citaremos algúns:

Carta de Aalborg (1994): “Es indispensable reducir la movilidad forzada y dejar de fomentar el uso innecesario de vehículos motorizados. Daremos preferencia a los medios de transporte respetuosos con el medio ambiente (en particular los desplazamientos a pie, en bicicleta o en transporte público) y situaremos en el centro de nuestros esfuerzos de planificación una combinación de estos medios.”

Carta de Lisboa (1996) (Suscrita por 1.000 autoridades locales y regionales de toda Europa): “La estabilidad social y la equidad deben basarse en una economía sostenible que esté basada en la capacidad de la naturaleza, es decir, en la sostenibilidad medioambiental. La planificación del desarrollo sostenible debe integrar los aspectos medioambientales en los aspectos sociales y económicos”.

Declaración de Hannover de los líderes municipales en el umbral del siglo XXI (2000) (Suscrita por la Federación Española de Municipios y Provincias–FEMP): “Los líderes municipales de Europa y de las regiones vecinas, reconocemos que a pesar de los esfuerzos para mejorar el medioambiente, la mayoría de las tendencias medioambientales globales y europeas producen una gran preocupación: muchas de las causas de esta situación de deterioro tienen su origen en la contaminación del aire, el ruido y la congestión del tráfico, que al mismo tiempo son causados por el efecto de los habitantes de las ciudades y municipios en sus vidas diarias.”

AGENDA 21 LOCAL (Subscrita polo Goberno Español)

“Desarrollar y promover, según proceda, sistemas de transporte económicos, más eficientes, menos contaminantes y más seguros, en particular sistemas de transporte colectivo integrado rural y urbano, así como redes de caminos ecológicamente racionales, teniendo en cuenta la necesidad de establecer prioridades sociales, económicas y de desarrollo sostenibles, particularmente en los países en desarrollo;

Desarrollar o perfeccionar, según proceda, mecanismos para integrar las estrategias de planificación del transporte y las estrategias de planificación de asentamientos urbanos y regionales, con miras a reducir los efectos del transporte sobre el medio ambiente.”

PROXECTO GALICIA 2010

Galicia 2010 é unha análise realista da orientación económica e social de Galicia nos vindeiros anos, feito por persoas coñecedoras da realidade actual e das súas tendencias, dos problemas e das súas solucións, do que é posible e do que é conveniente. Tratase de facer algo útil, achegar ideas e propostas que nos permitan ter unha percepción máis clara sobre o noso inmediato futuro. Participaron máis de 160 persoas e foi promovido por Banco Pastor, CaixaGalicia e Caixanova . Do relatorio dedicado ao Medio Ambiente, entresacamos estes paragrafos:

“As infraestructuras viarias constitúen un armazón de feridas e cicatrices no territorio, a súa construcción da lugar a problemas, dende a diminución das comunicacións a nivel local, tanto para persoas coma para animais, á erosión en montes e vertido de escombros en ríos e cauces. O transporte deberá medrar de forma que a incidencia ambiental sexa a menor posible e asumida de forma consensuada pola sociedade galega."

"O fomento do transporte por estrada de mercadorías e persoas induce un excesivo incremento no consumo de combustibles e  na emisión de CO2. Por outro lado, a agresión física derivada da construcción desas grandes infraestructuras, erosión e perda de masas forestais, é un impacto nada desexable."

"Deberase ser restrictivo na autorización de novas autovías, e sí parece preciso envorcarse na mellora das vías comarcais que fagan máis segura a mobilidade no ámbito rural e sexan un índice da súa calidade de vida. O transporte de viaxeiros por autobús nestes contornos terá que ser unha alternativa segura, flexible e de calidade.”


Á VISTA DESTES DOCUMENTOS, XURDE O GRAN INTERROGANTE:

¿QUE DIRECTRICES GUÍAN A POLÍTICA DE INFRAESTRUCTURAS DA CONSELLERÍA DE OBRAS PÚBLICAS DA XUNTA DE GALICIA?

 
 

Envíanos a túa opinión. Sexa cal sexa, enriquecerá a nosa proposta.

Nós defendemos a liberdade de expresión e a pluralidade ideolóxica.