CAMPAÑA 2000
| OUTUBRO 1999
A CPTOPV (Consellería de Obras Públicas da Xunta de Galicia) anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, da asistencia técnica para a redacción dun novo estudio informativo e de impacto ambiental da vía rápida do Morrazo (D.O.G. 13/09/99). É o terceiro que promoven en cinco anos, despois de que os anteriores quedaran esquecidos, ó non verse capacitados para respostar ós centos de alegacións presentadas en cada caso. Esta Plataforma actuou sempre co máximo rigor e seriedade, presentando alegacións debidamente argumentadas, e facendo na comarca un labor continuo de sensibilización ambiental en torno ó tema das comunicacións, e á necesidade de darlle unha solución racional e respectuosa co medio. Ante este terceiro proxecto, en que a Consellería vai ter o apoio político dos concellos afectados, a Plataforma está disposta a non escatimar esforzos para evitar unha agresión irreversible na comarca, que afecta ó patrimonio natural, histórico, artístico, cultural e social. O plan de actuación irá encamiñado a formar na cidadanía da comarca, un clima de opinión contrario ás posturas radicais e insensibles da Consellería, - que non entende ningunha solución que non sexa a construcción dunha nova estrada, de grande impacto no medio e de pouca utilidade para a comunicación das vilas da comarca -, coa convicción de que o único xeito de evita-la obra, é que a poboación do Morrazo a rexeite. Abordamos a actuación en catro campos de traballo:
Para a realización de este plan, que nas fases de documentación, preparación, exposición e difusión, marcámonos un prazo de nove meses, precisamos de toda a colaboración que se nos poida aportar. Suxerencias, informacións, axuda técnica, referencias de expertos na materia, de outras experiencias, outras situacións e modelos, Pedimos a implicación de todas as persoas e colectivos dispostos a loitar por un cambio na concepción das comunicacións e do mal chamado progreso, sendo conscientes de que uns poucos non o imos conseguir, e sen embargo, se acadamos os obxectivos, sentaremos as bases para unha máis harmónica relación entre o progreso e a conservación do medio. Colectivos integrantes:
|
| NOVEMBRO 1999
Estamos a traballar xa na recompilación de documentación, na investigación de situacións semellantes e solucións adoptadas, na elaboración de orzamentos alternativos e na elaboración dunha proposta alternativa que poder presentar á veciñanza como solución global ó problema das comunicacións, útil para todos e respectuosa co medio natural, cultural e social. Para a realización deste ambicioso proxecto precísanse cartos, polo que estamos a elaborar un plan de financiamento que nos permita ir obtendo os fondos precisos. Como punto de partida, cada un dos colectivos integrantes da Plataforma fará unha aportación inicial de 5.000 pesetas que deberá ingresar na conta da cal damos os datos embaixo. A Plataforma está aberta e precisa da participación de todos os colectivos e asociacións da comarca ou de fóra dela que estean dispostos a:
Os colectivos que se integren na Plataforma aportando a cuota inicial, disporán dunha ampla recompilación de todas as actividades e documentos producidos dende a súa formación no ano 1994. Calquera colectivo que desexe colaborar coa Plataforma, sexa aportando suxerencias, informacións, axuda técnica, referencias de expertos na materia, información de outras experiencias, situacións ou modelos de comunicación, ou apoio de calquera tipo, contará co noso agradecemento e información de todas as actuacións que se leven a cabo. |
| FEBREIRO 2000 NOTA DE
PRENSA Rexeitamos a vía rápida por entender que, amáis da agresión que supón para a comarca, nin é útil para cubrir as necesidades de comunicación da nosa poboación, nin vai resolver os atascos dos días de verán. Lamentamos que se siga a deseñar a mellora das comunicacións da comarca desde fóra dela, e sen contar cos colectivos de aquí. Que se proxecte cos mesmos criterios que se fóra unha comarca do interior, e facendo gala dun grave descoñecemento do Morrazo, ata o punto de que nin se decatan da existencia da ría, excelente vía de comunicación pola que chegamos a Vigo en dez minutos. Entendemos que a solución ao tráfico debe pasar pola reducción de vehiculos nas estradas, para o que, por unha banda, se deberá reducir a necesidade de desprazarse dotando á comarca dos servicios e equipamentos que por non telos, obrígannos a perder tempo na estrada para chegar a eles. (Hospital, ocio, xestión administrativa, deporte, ), ao tempo que se deberá potenciar o transporte público colectivo, especialmente o marítimo como opción de futuro. De calquera xeito, neste momento é posible mellorar o tráfico, abrindo as circunvalacións das vilas e mellorando as estradas actuais, dotándoas dun terceiro carril e realizando melloras nos cruces, paradas de autobuses, pasos de peóns, que permitan máis fluidez de tráfico. Estas actuacións son necesarias e serán de utilidade para tódolos usuarios da comarca. |
MARZO 2000 - NOTA DE PRENSA Ante recentes noticias publicadas nos medios, esta Plataforma quere facer as seguintes aclaracións, que consideramos fundamentais:
4 de marzo do 2000 |
BONO DE AXUDA Estamos a traballar xa na recompilación de documentación, na investigación de situacións semellantes e solucións adoptadas, na elaboración de orzamentos alternativos e na elaboración dunha proposta alternativa que poder presentar á veciñanza como solución global ao problema das comunicacións, útil para todos e respectuosa co medio natural, cultural e social. Co fin de obter os fondos precisos para poder levar a cabo este ambicioso plano, sacamos á rúa un "Bono de axuda" por valor de 200 pesetas, que poñemos á disposición de persoas e asociacións que queiran colaborar co noso proxecto. O Bono consiste nun tríptico de peto, en catro cores, que ten o seguinte contido: Mapa do Morrazo coa situación dos elementos máis salientables do Patrimonio Histórico e Natural; enumeración de impactos que pode producir a vía rápida; proposta alternativa da Plataforma; breve descrición da actividade da Plataforma e enderezos de interese. Enviarémosvos o número de bonos que queirades ao enderezo que nos digades. Poderedes aportarnos o seu valor por transferencia á conta abaixo indicada, cos gastos ao noso cargo, ou devolvernos os que vos sobren, por correo. Por unha máis harmónica relación entre o progreso e a conservación do medio, contamos coa vosa colaboración. Gracias. 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) Correo-E: morrazo@arrakis.es Conta da Plataforma: Caixavigo e Ourense. Sucursal COIRO. Avda. Ourense 2736947 Coiro Cangas. Conta Nº: 2080 0079 90 0040004175 |
|
|
|
7/09/2000 A Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo cre preciso facer unhas aclaracións sobre o procedemento de alegacións ao estudio informativo, ante as desinformacións emitidas dende os concellos: 1.
O procedemento de información pública en que se atopa neste
momento o proxecto da chamada vía de alta capacidade, é único e non
haberá máis oportunidade de alegar contra a concepción do trazado,
os danos causados ou a utilidade da obra. Pola Lei de Estradas, tras
superar o proceso de alegacións, a CPTOPV, queda capacitada para
proceder á Declaración de Dominio Público, polo que xa só queda
posible personarse na vista de expropiación. 2.
A zona de fluctuación coa que queren tranquilizar aos
afectados é un engano se nengún fundamento legal. Que pense o veciño
a quen lle digan que non está afectado porque se desvía o trazado
hacia arriba, que ao veciño afectado de máis arriba lle din que non se
preocupe que irá máis abaixo. 3.
A Plataforma Anti-Vía Rápida ten asesoramento legal e está a
preparar unhas alegacións debidamente artelladas e legalmente
argumentadas que se porán a disposición de tódolos veciños que as
queiran secundar, para o que se convocarán asembleas na próxima
semana. 4.
Aconsellamos aos veciños que non asinen calquer papel sen
asesorarse ben. Están circulando papeis para asinar que non teñen
posiblilidade de prosperar como alegacións por deficiencias de
forma. 5.
O día 19 deste mes, remata o prazo para alegacións ao Estudio
Informativo, e o 5 de outubro, remata o prazo para alegacións ao
Estudio de Impacto.
|
|
A
tódalas asociacións e colectivos cidadáns
do Morrazo. Estimados
conveciños: O día 5 de outubro remata o prazo para presentar alegacións ao Estudio de Impacto Ambiental da vía de alta capacidade do Morrazo, e lembramos que é necesario alegar para defender a comarca das consecuencias irreparables que esta obra pode deixar. O Estudio de Impacto Ambiental debera ser o instrumento que relatara os efectos que a obra podería producir no medio, para poder establecer as medidas de corrección e garantizar a protección da comarca, pero lamentablemente, e calquera o pode apreciar, o que presentan limítase a un mero trámite formal sen garantizar a finalidade deste instrumento de protección. Isto é así porque, de xeito breve e resumido:
Ao non admitir ningún dos efectos previsibles, tampouco establecen ninguna medida de corrección nin de prevención dos danos, polo que O Morrazo queda desprotexido xustamente polas intitucións que tiñan que velar por el. A manobra da CPTOPV de deixar estas alegacións para quince días máis tarde que as do trazado, buscaba que os veciños nos relaxaramos e confiaramos en que xa estaba todo feito coas alegacións do pasado día 19. É preciso pedir a nulidade deste Estudio de Impacto porque non cumpre a lexislación e nos deixa na máis absoluta indefensión. Temos alegacións á vosa disposición nas asembleas que realizaremos estes últimos días, e nas copisterías KOPIAK de Moaña, e ARTIPLAN de Cangas. ¡Temos
que alegar todos contra o Estudio de Impacto Ambiental! ¡Terán
que contalas por milleiros, desta vez tamén!
|
|
CAMPAÑA 2001 O
último capítulo, que non será o derradeiro. Despois do procedemento de información pública do ultimo proxecto, xa van alá máis de cinco meses e non hai respostas ás alegacións, máis de tres mil presentadas na comarca. No entanto, despois de reducir drasticamente o orzamento previsto para este ano, o que podería significar un novo abandono do proxecto, preséntase en Cangas Cuíña, o 1 de febreiro a media mañá, para anunciar con grande despregue propagandístico, que a vía rápida será licitada este ano. Presenta un proxecto modificado que supón supresión de algúns enlaces, creación de outros novos (campo de golf), construcción de falsos túneles e viaductos, desvíos de trazado pretendendo evitar xacementos arqueolóxicos pero cargándose outros,... Todo isto o expoñen nun panel, acaba a presentación e o levan con eles. Quedámonos sen coñecer o que realmente supoñen os cambios, nin se é viable tecnicamente o novo trazado. O realmente inaudito, é que sendo practicamente un novo proxecto, non teñen intención de presentalo a información pública, volvendo a deixar aos veciños do Morrazo na máis absoluta indefensión. O orzamento do novo proxecto é de 8.000 millóns “máis os que fagan falta” (literal), o que nos fai tremer só de pensar como entenden estes a democracia, a transparencia económica e esas outras cousas que soan tan ben nos discursos. Os cambios anunciados non reducen o grave impacto denunciado nas alegacións que formulou a Plataforma. Segue habendo graves afeccións ao patrimonio arqueolóxico, atravesa espacios naturais protexidos, Montes do Morrazo e Carballal de Coiro, deixa un grave impacto paisaxístico e irreversibles danos no réxime de augas da comarca. A vía segue sen ter en conta á rede viaria da comarca, non é útil para a comunicación entre lugares da comarca, non é resultado dunha planificación seria e global, só responde a un obxectivo: as urbanizacións que en Aldán pretenden ofertar residencias de “alto standing”, parcelas de 2.000 m2, piscina, porto deportivo,... todo a 15 minutos de Vigo. E non teñen malos valedores estes especuladores cando conseguen un proxecto de elevada inversión pública á súa medida, (¿qué lles importa que o resto dos viais da costa queden colapsados se terán a vía rápida na súa porta?), e incluso conseguen ser respectados polo espacio Rede Natura 2000 de Cabo Udra, que chega xustamente ata onde comezan os seus intereses. Estamos
sendo víctimas de un xogo de altura executado por “xente de pouca
estatura”. A Plataforma Anti-Vía Rápida que conta co apoio de
colectivos veciñais do Morrazo e ecoloxistas de Galiza e resto do
estado, está disposta a poñerlle un “tapón”. |
|
Entre os días 22 e 30 de abril, estará
exposta no Cafe Teatro do Real, en Moaña, a Exposición Gráfica
Itinerante da Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo:
"As razóns do non" -Argumentos para a defensa da comarca contra unha agresión anunciada-.
En 17 paneis agrupados en catro bloques,
Patrimonio Histórico, Espacios Naturais, Impactos das
infraestructuras de comunicación e Alternativas, a Plataforma expón
a situación das comunicacións na comarca de O Morrazo, a problemática
actual e a que derivaría da construcción da proxectada vía de
alta capacidade, propoñendo alternativas racionais, útiles para tódolos
usuarios e respectuosas co patrimonio cultural e natural, ao tempo
que compatibles cun desenvolvemento armónico e sostible.
O acto de presentación, que contará
coa intervención de persoeiros da Cultura e do Ecoloxismo do ámbito
galego, terá lugar o martes día 24, ás 20 horas, no Café Teatro
do Real, en Moaña.
¡Estades invitados!
|
|
RECLAMACIÓNS ANTE O VALEDOR DO POBO E A COMISIÓN EUROPEA No mes de maio presentáronse sendas reclamacións ao Valedor do Pobo da Comunidade Autónoma de Galicia pedindo que se controle o procedemento seguido pola CPTOPV, e ao Director Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea pedindo vixiancia sobre o cumprimento da lexislación comunitaria en dito proceso. Ambas reclamacións foron acompañadas dun amplo dossier onde se recolleron tódalas resolucións da Xunta de Galicia, as actuacións desta Plataforma, informes técnicos e recompilación de prensa, entre outras informacións. Os documentos presentados telos aquí disponiles en formato Word: VALEDOR.doc COMISIÓN EUROPEA.doc
|
|
OS DO SÍ, SEN RAZÓNS NIN ARGUMENTOS, OPTAN POLA REPRESIÓN. ¡¡¡COMA NOS "MELLORES" TEMPOS!!! O
ALCALDE DE CANGAS DENEGA PERMISO Á PLATAFORMA ANTI-VÍA RÁPIDA PARA
EXPOÑER NA CASA DA CULTURA despois
de terllo solicitado por conducto regulamentario e de estar xa exposta
a montaxe gráfica: AS RAZÓNS
DO NON – Argumentos para a defensa da comarca contra
unha agresión anunciada. A
exposición consiste en 17 paneis agrupados en catro bloques,
“Patrimonio Histórico”, “Espacios Naturais”, “Impactos das
infraestructuras de comunicación” e “Alternativas”, nos que a
Plataforma expón a situación das comunicacións na comarca de O
Morrazo, a problemática actual e a que derivaría da construcción da
proxectada vía de alta capacidade, propoñendo alternativas racionais,
útiles para tódolos usuarios e respectuosas co patrimonio cultural e
natural, ao tempo que compatibles cun desenvolvemento harmónico e
sostible. O alcalde de Cangas, José Enrique
Sotelo, denegou permiso para que se expusera na Casa da Cultura sen
alegar razón algunha, cun breve “non é posible atender a súa
petición”. En días posteriores declara na prensa cousas como: -“Yo estoy a favor de la vía rápida,
los que esten en contra que se busquen otro sitio para sus
exposiciones”, -“La
Casa de la Cultura está para cosas más importantes” (¡¡¡Ao día
seguinte de retira-la exposición houbo unha degustación de ternera
gallega!!!) -“Estos
pretenden que en el Morrazo vivamos en las cavernas” -“Que estén tranquilos los ecolojetas,
que cuando se exponga el proyecto tendrán tiempo de manifestarse” (¡¡¡Fai
nove meses que agardamos pola resposta das alegacións!!!). ¡NON IMOS
QUEDAR CALADOS! Por moi triste que pareza, despois de máis de vinte anos de democracia, hai que lembrarlle ao alcalde que as leis amparan ás asociacións cidadás e a súa actividade, e que un estado de dereito obriga a tódolos cidadáns, e a un gobernante elixido democraticamente máis, polo que non son de recibo nin dignas do cargo que representa, as declaracións feitas á prensa. Ampla é a lexislación que defende e promove o asociacionismo. Desde a Constitución Española (artigos 21, 22 e 23), ata a Resolución A-2-196/1986 das Comunidades Europeas, de 13 de marzo de 1987, sobre Asociacións sen Fins de Lucro na Comunidade Europea, onde se di:
Afirmar que a postura da Plataforma pretende instalar a comarca na era das cavernas, é, como mínimo, mostra dunha profunda falla de coñecemento sobre as directivas e as liñas políticas comunitarias. Se miramos cara a países máis desenvolvidos que xa antes pasaron polo que agora pasamos nós, comprobamos que nunca as novas estradas resolveron os problemas. Máis ben os agravaron. Informes de prestixio en todo o mundo como o de Buchanan en Francia (1985), de Sir Jhon Houghton en Inglaterra (1994), ou do Worlwatch Institut de Washington (1994) constatan que a construcción de estradas por si mesma produce tráfico, polo que as melloras autoanúlanse en pouco tempo. Recollendo esa experiencia, xa hai directivas europeas que marcan as liñas políticas de futuro. Citaremos algunhas: Carta
de Aalborg (1994): “Es indispensable reducir la movilidad forzada y
dejar de fomentar el uso innecesario de vehículos motorizados.
Daremos preferencia a los medios de transporte respetuosos con el
medio ambiente (en particular los desplazamientos a pie, en bicicleta
o en transporte público) y situaremos en el centro de nuestros
esfuerzos de planificación una combinación de estos medios.”
Carta
de Lisboa (1996) (Suscrita por 1.000 autoridades locales y regionales
de toda Europa): “La
estabilidad social y la equidad deben basarse en una economía
sostenible que esté basada en la capacidad de la naturaleza, es
decir, en la sostenibilidad medioambiental. La planificación del
desarrollo sostenible debe integrar los aspectos medioambientales en
los aspectos sociales y económicos”.
Declaración
de Hannover de los líderes municipales en el umbral del siglo XXI
(2000) (Suscrita
por la Federación Española de Municipios y Provincias–FEMP): “Los
líderes municipales de Europa y de las regiones vecinas, reconocemos
que a pesar de los esfuerzos para mejorar el medioambiente, la mayoría
de las tendencias medioambientales globales y europeas producen una
gran preocupación: muchas de las causas de esta situación de
deterioro tienen su origen en la contaminación del aire, el ruido y
la congestión del tráfico,
que al mismo tiempo son causados por el efecto de los habitantes de
las ciudades y municipios en sus vidas diarias.” AGENDA
21 LOCAL (Suscrita polo Goberno Español)
“Desarrollar
y promover, según proceda, sistemas de transporte económicos, más
eficientes, menos contaminantes y más seguros, en particular sistemas
de transporte colectivo integrado rural y urbano, así como redes de
caminos ecológicamente racionales, teniendo en cuenta la necesidad
de establecer prioridades sociales, económicas y de desarrollo
sostenibles, particularmente en los países en desarrollo; Desarrollar
o perfeccionar, según proceda, mecanismos para integrar las
estrategias de planificación del transporte y las estrategias de
planificación de asentamientos urbanos y regionales, con miras a
reducir los efectos del transporte sobre el medio ambiente.” Con esta información diante, non
lle debera quedar dúbida ao alcalde, que a postura que mantén a Plataforma contra a vía rápida,
ademais de ser completamente lexítima, está na liña das políticas
máis progresistas de Europa. A legalidade vixente e os documentos
asumidos por tódolos gobernos democráticos nos avalan. Pedimos
unha explicación pública ao alcalde de Cangas. Se á vista das
directivas comunitarias se empeña en defender un proxecto tan
agresivo para a comarca, teremos que pensar que:
Non
afirmamos nin unha nin outra, pero en calquera dos casos, non merecería
seguir un día máis no cargo que ocupa. A
actitude mantida coa Plataforma esixe:
- Temos presentada unha solicitude para que o Concello de Cangas, en Sesión Plenaria se pronuncie sobre estes feitos. A Sesión Plenaria que se tería que celebrar o día 29 de xuño, foi aprazada ao 5 de xullo, suspendida por incomparecencia do Secretario (¿ ???), e aprazada de novo ao día 17 de xullo, ás oito da tarde. Pedimos a asistencia de toda persoa que desaprobe a actitude do alcalde. O equipo de goberno do Concello de Cangas debe saber que non imos consentir nin un paso atrás nas conquistas democráticas lexitimamente adquiridas. - Prepárase en Cangas para o día
28 de xullo, un gran
acto con participación de todo tipo de asociacións, pola liberdade
de expresión. |
|
XULLO 2001
Ley 30/1992. Art. 86: “Quienes presenten alegaciones u observaciones en el trámite de información pública, tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada,...” Fai xa dez meses que foi exposto a información
pública o terceiro proxecto e seguen sen contestar ás alegacións,
algo ao que obriga a lei. ¿Para que serve entón o procedemento administrativo? ¿Para que expoñen a información pública un proxecto se non rematan o proceso? O Valedor do Pobo abriu expediente ao proxecto de vía rápida do Morrazo e xa está a levar a cabo os estudios pertinentes sobre o mesmo. A Comisión Europea rexistrou a denuncia presentada que será examinada polos seus servicios á luz do Dereito comunitario aplicable na materia. |
|
28 DE XULLO
ACTO POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN Convocamos a un acto que Pola Liberdade de Expresión celebraremos o día 28 de xullo, sábado, ás oito da tarde, na Alameda Vella de Cangas. Será un acto cultural, con actuacións e intervencións de persoeiros da cultura galega, e do movemento asociativo cidadán en reivindicación dunha auténtica democracia participativa. Gostariamos de contar coa participación dos colectivos e plataformas que hoxe sofren as actuacións prepotentes da administración. Unha concentración de colectivos en loita onde expresar libremente as nosas queixas. Unha reivindicación da voz e da palabra que o poder e os medios ao seu servicio nos negan. (Manifestos,
pancartas, carteis,...) ¡Contamos
coa vosa asistencia e participación!
|
|
AS
VANTAXES DE TER VÍA
RÁPIDA OU AUTOVÍA Actualidade
das comarcas que teñen “solucionado” os problemas de tráfico
con “modernas” vías de comunicación El Correo Gallego. Lunes, 30 de julio de 2001 VECINOS Y VERANEANTES “VETERANOS” DE SANXENXO CRITICAN LA “ABERRANTE” TRANSFORMACIÓN QUE HA
PADECIDO LA VILLA EN LOS ÚLTIMOS AÑOS. Los
vecinos de Sanxenxo están indignados.
Acusan a las distintas corporaciones municipales de auspiciar esta
situación provocada por la especulación
feroz, convirtiendo a la villa en un desordenado
centro vacacional. Residentes
y veraneantes critican la indiscriminada actuación de la grúa y
las constantes caravanas que soporta la
localidad. Ÿ
w
v
w
Ÿ La Voz de Galicia.
Arousa, jueves, 9 de Agosto de 2001
LA FALTA DE ALTERNATIVAS VIARIAS EN LA COMARCA
COLAPSA UN VERANO MÁS LA C-550 El siglo XXI ha llegado pero la red viaria de la Comarca de O Salnés sigue resultando obsoleta para atender las necesidades del tráfico que se generan en el verano. El momento más conflictivo es, tradicionalmente, la primera quincena del mes de agosto. La situación se ha repetido un año más. Esta semana no sólo ha habido colas. En los accesos a O Grove y Vilagarcía se han producido verdaderos colapsos de tráfico que han desbordado a las policías locale |